Chámome Ana e colecciono
postais desde os 9 anos. Gustaríame intercambiar
postais con xente de todo o mundo (agás dos
Estados Unidos; síntoo, pero xa teño postais
dabondo dese país).
Gústanme as vistas aéreas,
cidades, vilas, paisaxes, monumentos, lugares e
edificios históricos, palacios, castelos, algo
típico/especial da túa rexión, vistas
panorámicas, etc. A cambio, podo enviarche
postais portuguesas e/ou españolas. Son
española (de Galicia), pero neste momento estou vivindo en Portugal.
Prefiro intercambiar unha postal por cada envío,
pero se queres intercambiar máis postais, se
cadra podemos chegar a un acordo. Tamén acepto
intercambios dunha soa vez.
Só me interesan as postais escritas por ti,
cunha breve explicación/tradución da
fotografía, con selo e sen sobre.
se estás
interesado/a en intercambiarmos postais.
Por certo, tamén estou interesada en
intercambiar moedas (non das
antigas) doutros países do mundo. A cambio, podo
enviarche moedas portuguesas e españolas, ou
mesmo postais.
se estás interesado/a.
|