Índice
Falando de min
Currículo
Traducción
Galicia
España
Portugal
Postais/Cards
Música
Viaxar
Humor
Varios
 
E-mail
 
 
 

En español Em português

Tradutora e revisora de español-galego-español, portugués-español, portugués-galego; combinacións secundarias: inglés-español e inglés-galego.

Tradutora/intérprete xurada (galego-inglés-galego) nomeada pola Dirección Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia). Nº no rexistro: 0001.

Membro (nº 1.042) da Associação Portuguesa de Tradutores.

Membro (nº 79) da Asociación Española de Traductores, Correctores e Intérpretes (ASETRAD).


DATOS PERSOAIS

Nome e apelidos: Ana HERMIDA RUIBAL
Lugar e ano de nacemento: Pontevedra (España), 1975
Nacionalidade: Española
Carné de conducir: B

Enderezos:

Apartado 1069
2901-902 Setúbal
PORTUGAL
Móbil: (+351) 966 669 855
Fax: (+351) 265 220 164
Apartado 494
36080 Pontevedra (Galicia)
ESPAÑA
Móbil: (+34) 649 052 137
Fax: (+34) 986 864 575

E-mail:
WWW: http://www.anahermida.com


FORMACIÓN ACADÉMICA

  • Doutoranda en Tradución e Lingüística (Universidade de Vigo).

  • Licenciada en Tradución e Interpretación (Universidade de Vigo):

    • Maio de 2001: Proxecto de fin de carreira titulado «Glosario de termos da Internet (galego-inglés-castelán-portugués)».

    • 1995/1997: 3º e 4º (último) cursos da licenciatura en Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e bolseira do programa Erasmus-Sócrates no Instituto Superior de Línguas e Administração (ISLA) en Lisboa.

    • 1993/1995: 1º e 2º cursos da licenciatura en Tradución e Interpretación (lingua A1: galego, lingua A2: español, lingua B: inglés, lingua C: portugués) na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

  • 2005 (9-11 de febreiro): «II congreso internacional de la Asociación Ibérica de Estudios de Traducción e Interpretación (AIETI)», organizado pola Universidad Pontificia Comillas, en Madrid (España).

  • 2004 (20-24 de setembro; 30 horas): Curso de verán «Tradução e Internet -- A Tradução de Conteúdos para a Internet», dispensado polo Prof. Oscar Diaz Fouces da Universidade de Vigo e organizado polo Prof. Carlos Castilho Pais, docente do Departamento de Língua e Cultura Portuguesas da Universidade Aberta, na Universidade Aberta, en Lisboa (Portugal).

  • 2003 (8-10 de maio; 40 horas): «IV congreso Internacional de Estudios de Traducción», organizado polo Departamento de Filoloxía Inglesa da Universidade da Coruña, na Coruña.

  • 2003 (12-14 de febreiro; 20 horas): «I congreso internacional de la Asociación Ibérica de Estudios de Traducción e Interpretación (AIETI)», organizado polo Departamento de Traducción e Interpretación da Universidade de Granada, en Granada (España).

  • 2002 (8-9 de marzo; 16 horas): «Curso TRADOS 5 (WorkSpace, Translator's Workbench, MultiTerm, TagEditor, WinAlign, T-Window for PowerPoint e T-Window Collection)», dispensado pola empresa Planet Lingua, S.L., distribuidor autorizado dos produtos TRADOS para Galicia, na Universidade de Vigo.

  • 2001 (28-29 de novembro; 17 horas): «I Congresso Ibérico de Tradução -- O Ensino/Aprendizagem da Tradução», organizado polo Departamento de Língua e Cultura Portuguesas da Universidade Aberta, en Lisboa (Portugal).

  • 2001 (9 de maio): Xornada de debate «A Babel Transformada? As Línguas Europeias como Instrumento de Trabalho», por iniciativa do Parlamento Europeo, co apoio da Representación da Comisión Europea en Portugal (Servizo de Tradución), da Assembleia da República (parlamento portugués) e da Associação Profissional dos Intérpretes de Conferência de Portugal (APROFIC), na Sala do Senado da Assembleia da República, en Lisboa (Portugal).

  • 2001 (19-30 de marzo e 16-20 de abril; 56 horas): Curso de Tradumática: «Tradução e Novas Tecnologias», «Tópicos para a Sintaxe Comparativa Português-Espanhol» e «Didáctica da Tradução e Novas Tecnologias», organizado pola Facultat de Traducció i d'Interpretació de la Universitat Autònoma de Barcelona e polo Instituto Camões, en Lisboa (Portugal).

  • 2000 (14-17 de novembro): VII Simposio Iberoamericano de Terminoloxía, organizado polo ILTEC (Instituto de Linguística Teórica e Computacional), en Lisboa (Portugal).

  • 2000 (16-17 de outubro): III Seminario de «Tradução Científica e Técnica em Língua Portuguesa», sobre o tema «Tradução, Tradutores e Traição na Comunicação Social», organizado pola Representación da Comisión Europea en Portugal, Unión Latina e a Fundação para a Ciência e a Tecnologia, en Lisboa (Portugal).
  • 2000 (24-25 de marzo): «II Encontros de Tradução da AsTraflup "A Tecnologia ao Serviço da Tradução (Ensino e Prática Profissional)"», organizados pola AsTraflup (Associação de Tradução da Faculdade de Letras da Universidade do Porto), no Porto (Portugal).
  • 1999 (22-24 de novembro): II Seminario de «Tradução Científica e Técnica em Língua Portuguesa», organizado pola Representación da Comisión Europea en Portugal, Unión Latina e a Fundação para a Ciência e a Tecnologia, en Lisboa (Portugal).
  • 1998 (25-27 de novembro): Seminario de «Tradução Científica e Técnica em Língua Portuguesa», organizado pola Representación da Comisión Europea en Portugal, Unión Latina e a Fundação para a Ciência e a Tecnologia, en Lisboa (Portugal).
  • 1998 (18 de setembro): Seminario sobre «A Oceanografia, o Multilinguismo e as Novas Ferramentas Informáticas», organizado polo Servizo de Tradución da Comisión Europea, no Pavillón da Unión Europea da EXPO'98, en Lisboa (Portugal).

  • 1998 (28-29 de maio; 10 horas): Seminario sobre «A Avaliação da Qualidade da Tradução», organizado polo Instituto Nacional de Administração, en Lisboa (Portugal).
  • 1997 (3 de novembro-15 de decembro; 30 horas): Curso de Especialización en «Lingüística Informática: Fundamentos e Aplicacións», organizado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, en Vigo.
  • 1997 (21-25 de outubro; 32 horas): «I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo: Comunidades e individuos bilingües», organizado pola Universidade de Vigo, en Vigo.

  • 1997 (4-29 de agosto; 75 horas): Curso de Iniciación de Lingua Galega organizado pola Xunta de Galicia, en Pontevedra.

  • 1997 (7 de xullo a 1 de agosto; 100 horas): Curso de verán para Tradutores Estranxeiros de Portugués organizado polo Departamento de Língua e Cultura Portuguesa da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, coa obtención das seguintes cualificacións: Seminario de Tradución español-portugués: Sobresaliente; Lingua Portuguesa: Sobresaliente; Aspectos do Léxico Portugués: Notable; Arte e Patrimonio: Sobresaliente.

  • 1997 (26-28 de maio): Coloquio «Conversas em Torno da Tradução II» organizado por «Cais de Culturas», en Lisboa (Portugal).

  • 1996 (13-15 de novembro): Seminario sobre «O Impacto das Novas Tecnologias na Comunicação Linguística» organizado polo Servizo de Tradución da Comisión Europea, na Universidade Católica Portuguesa en Lisboa (Portugal).

  • 1995 (27 de outubro; 6 horas): Xornada sobre «Economía Social e Cooperativismo», organizada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia e polo Concello de Pontevedra, en Pontevedra.

  • 1995 (23 de outubro; 4 horas): Xornada sobre «Seguridade e Hixiene no Traballo», organizada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia e polo Concello de Pontevedra, en Pontevedra.

  • 1995 (14-25 de agosto; 54 horas): Curso de inglés avanzado e Interpretación (principios constitucionais, sistemas legais, estudos empresariais, interpretación de conferencias, prensa británica, lingua inglesa e temas de actualidade), organizado pola Heriot-Watt University (Escocia).

  • 1995 (4-7 de xullo; 20 horas): Curso de «Informática e Lingua», organizado pola Universidade de Vigo, en Vigo.

  • 1995 (30 de marzo a 2 de abril; 20 horas): «VIII Congreso Internacional ExpoLingua - Traducción, Interpretación y Lenguaje», en Madrid.

  • 1995 (8 de febreiro a 6 de abril; 75 horas): Curso de Perfeccionamento da Lingua Galega organizado pola Xunta de Galicia, en Pontevedra.

  • 1994 (25 de novembro; 11 horas): Xornada de «Economía Social sobre Cooperativismo e Empresas de Economía Social», organizado pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia e polo Concello de Pontevedra, en Pontevedra.

  • 1994 (25-28 de setembro; 27 horas): IV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, en Oxford (Inglaterra).

  • 1994 (21-23 de setembro; 20 horas): «1º Simpósio de Culturas de Língua Portuguesa», organizado pola Universidade de Vigo, polo Instituto Camões e polo Centro Portugués de Vigo, en Vigo.

  • 1994 (1-12 de agosto; 52 horas): Curso de inglés avanzado e tradución (política británica, asuntos internacionais, economía, lingua inglesa, estudos sobre tradución e temas de actualidade), organizado pola Heriot-Watt University (Escocia).

  • 1994 (xullo; 20 horas): Curso de «Informática e Traducción», organizado pola Universidade de Vigo, en Vigo.

  • 1993 (30 de setembro a 2 de outubro; 20 horas): «I Simposio Galego de Traducción», organizado pola Universidade de Vigo, en Vigo.

  • 1993 (27-29 de setembro; 20 horas): «I Seminario de Didáctica da Traducción no Ensino Universitario», organizado pola Universidade de Vigo, en Vigo.


LINGUAS

  • Galego

    • Lingua materna. 

    • Nivel de iniciación e perfeccionamento certificado pola Xunta de Galicia.
       

  • Español

    • Lingua materna.

  • Portugués

    • 1º e 2º cursos da licenciatura de Tradución e Interpretación da Univ. de Vigo.

    • 3º e 4º cursos da licenciatura de Tradución do Instituto Superior de Línguas e Administração (ISLA) de Lisboa (Portugal) nos cursos académicos 1995/1996 e 1996/1997 cunha bolsa Erasmus-Sócrates.

    • Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira (DUPLE) da Universidade de Lisboa, Instituto Camões e Ministerio de Educación portugués, en novembro de 1999.

    • Ciclo Elemental e Superior de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

    • Certificado Avanzado de Portugués Lingua Estranxeira Empresarial, outorgado pola Universidade Aberta (Lisboa), en agosto de 2003. Cualificación: 18 (nunha escala do 0 ó 20).

  • Inglés

    • Do 1º ó 4º curso de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

    • Cursos de lingua inglesa na Heriot-Watt University (Escocia).

  • Francés

    • Coñecementos básicos (dous anos de estudo no instituto).


EXPERIENCIA LABORAL

  • Desde decembro de 2003 ata abril de 2004: Localizadora de software na empresa imaxin|software, formando parte do equipo de tradución de inglés a galego do sistema operativo Windows XP e do paquete Office 2003 de Microsoft.

  • 2003 (3-18 de novembro): Monitora do seminario «O galego no teu ordenador», de 12 horas lectivas, organizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, en Pontevedra.

  • 2003 (3-4 de outubro): Docente do módulo práctico titulado «Axuda informática para o asesoramento lingüístico», de 10 horas lectivas, inserido no curso «Os labores de asesoramento nun SL/SNL: novas propostas de traballo», organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), en Santiago de Compostela.

  • 2002 (4-13 de novembro): Monitora do seminario «O galego no teu ordenador», de 12 horas lectivas, organizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, en Pontevedra.

  • Desde novembro de 2001 ata abril de 2002 (1ª edición) e de novembro de 2002 ata a maio de 2003 (2ª edición): Monitora do proxecto galego Ciberlingua.

  • Desde abril de 1998: Socia e fundadora da empresa Sintraweb, Lda., con domicilio social en Setúbal (Portugal) e dedicada a servizos de tradución e informática, e directora e supervisora do servizo de tradución da mesma.

  • Desde abril de 1996: Traducións en varias áreas e combinacións lingüísticas, entre as que destacan:
    • De español a galego: tradución de documentos de telecomunicacións e telefonía móbil, xurídicos (contratos, etc.), CD-ROM de actividades educativas, proxectos educativos, cursos de formación, manuais, textos da área alimentaria, bancaria e parlamentaria, propostas de servizos (área audiovisual), campañas (Euro, puntos, Internet para todos, etc.), textos farmacolóxicos, correspondencia (comercial e institucional), documentos sobre seguros, tarot, enquisas, textos publicitarios (de asesoría de empresas e museos, entre outros), felicitacións e diversas páxinas web. Tradución das páxinas web sobre Lugo no sitio web da empresa de transportes Legazpi e tradución de páxinas web do proxecto Rianxo (traducións modificadas posteriormente polos responsables dos respectivos sitios web).

    • De portugués a español e viceversa: traducións xurídicas (cooperación transfronteiriza, contratos, poderes, anuncios oficiais, bases de concursos públicos, pregos de condicións, partidas de nacemento e bautismo, diplomas, certificados académicos, etc.), correspondencia (comercial, persoal e institucional), manuais de instrucións (programas informáticos, equipamentos, cadeiras de seguridade, sistemas de saneamento, etc.), documentación diversa na área da construción civil e obras públicas, informe sobre traballos en alta tensión, textos publicitarios sobre maquinaria de xardinería, perfís de aluminio e produtos de limpeza, catálogos, dossiers de oferta de servizos, textos sobre medio ambiente, cortiza, socioloxía, moda infantil, turismo e hostalería, gastronomía, documentos sobre gastos de viaxe, estudos heráldicos, currículos, textos publicitarios para feiras de exposicións, documentación sobre asesoría e seguros, textos de divulgación e diversas páxinas web (motores de busca, de organizacións e empresas).

    • De portugués a galego: tradución da campaña do festival de Vilar de Mouros (Portugal) realizada por Super Bock, documentación académica para particulares e diversas páxinas web.

    • De inglés a español: tradución de textos publicitarios (área industrial, pesqueira, transportes, etc.) para empresas e multinacionais nórdicas, documentos médicos, enquisas, informe da área de vendas, correspondencia privada (área audiovisual), felicitacións, textos publicitarios sobre maquinaría de xardinería, textos sobre feiras de exposicións e documentos de fotografía dixital, informática e cosmética.

    • De inglés a galego: tradución de dous contos dun escritor británico, que se publicarán en maio de 2005, e textos sobre telefonía móbil e informática (formando parte do equipo de localización de software que traduciu o Windows XP e o paquete Office 2003 para Microsoft).

DOCENCIA

  • Desde febreiro de 2004 ata setembro de 2004: Profesora asociada de lingua portuguesa na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

  • Desde outubro de 2003 ata xaneiro de 2004: Profesora conferenciante de lingua portuguesa na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

  • Desde outubro de 1999 ata maio de 2000: Profesora do seminario de tradución portugués-español no curso anual para tradutores estranxeiros de portugués, na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.

  • Xullo de 1999: Profesora do seminario de tradución portugués-español no curso de verán para tradutores estranxeiros de portugués, na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.

INVESTIGACIÓN

  • Do 1 de xuño de 2002 ó 31 de maio de 2003: Bolseira de investigación do proxecto «Adquisición de recursos básicos de lingüística computacional do galego para aplicacións informáticas de tecnoloxía lingüística», Seminario de Lingüística Informática, Universidade de Vigo.

  • Desde maio de 2001: Membro do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.

CONFERENCIAS, COMUNICACIÓNS E CHARLAS DISPENSADAS

  • 2006 (11-12 de setembro). Título da comunicación: «Práticas de pagamento de clientes potenciais - Como fugir de clientes que não pagam?», presentada en contrapor2006 - 1.ª Conferência de Tradução Portuguesa, organizada pola Associação de Tradução em Língua Portuguesa (ATeLP), na Faculdade de Ciências e Tecnologia da Universidade Nova de Lisboa, en Monte de Caparica (Portugal).

  • 2005 (9 de febreiro). Título da comunicación: «La importancia de la cultura extranjera en la enseñanza de lengua extranjera en las licenciaturas en Traducción e Interpretación», presentada no II congreso internacional da Asociación Ibérica de Estudios de Traducción e Interpretación (AIETI), organizado pola Universidad Pontificia Comillas, en Madrid (España).

  • 2004 (17 de novembro). Título da comunicación: «A tradução de produtos informáticos para língua galega», presentada nas IV Jornadas de Tradução, na Escola Superior de Tecnologia e Gestão de Leiria, en Leiría (Portugal).

  • 2004 (27 de setembro). Título da comunicación: «A importância da cultura estrangeira no ensino de língua estrangeira nos cursos de Tradução e Interpretação», presentada no Encontro Regional da Associação Portuguesa de Linguística, subordinado ó tema «O Ensino das Línguas e a Linguística», na Escola Superior de Educação de Setúbal, en Setúbal (Portugal).

  • 2004 (7 de maio). Título da comunicación: «Recursos en Internet para o tradutor de galego», presentada no 6º Congreso de Lingüística Xeral, organizado pola Área de Lingüística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela.

  • 2004 (6 de maio). Charla sobre «Aspectos profesionales de la traducción en España y Portugal» dispensada ós alumnos de español da Licenciatura en Linguas Estranxeiras Aplicadas, no Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho, en Braga (Portugal).

  • 2003 (9 de maio). Título da comunicación: «As roldas como canle de intercambio de información entre tradutores: o caso de Tradgal», presentada no «IV Congreso Internacional de Estudios de Traducción», organizado polo Departamento de Filoloxía Inglesa da Universidade da Coruña, na Coruña.

  • 2003 (13 de febreiro). Título da comunicación: «Estudios de traducción e interpretación en las universidades españolas y portuguesas: Traduweb en el Cuaderno de Bitácora», presentada no I congreso internacional da «Asociación Ibérica de Estudios de Traducción e Interpretación (AIETI)», organizado polo Departamento de Traducción e Interpretación da Universidade de Granada, en Granada (España).

  • 2002 (20 de marzo): Oradora da sesión de seminario sobre «A profesión de tradutor en España e Portugal», na Facultade de Filoloxía e Tradución na Universidade de Vigo.

  • 2000 (7 de xullo): Oradora do módulo lectivo titulado «Recursos para a Tradução», integrado no curso de verán para traductores estranxeiros de portugués, na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa (Portugal).

PUBLICACIÓNS

  • Hermida Ruibal, Ana. «La importancia de la cultura extranjera en la enseñanza de lengua extranjera en las licenciaturas en Traducción e Interpretación». En Actas del II Congreso Internacional de la Asociación Ibérica de Estudios de Traducción e Interpretación. 2003. Madrid, 9-11 de febreiro de 2005. Madrid: AIETI, ISBN 84-8468-151-3.

  • Hermida Ruibal, Ana. Recensión do Diccionario español-portugués/português-espanhol de términos comerciales, económicos y jurídicos, de Antonio Viñal (dir.). En Confluências -- Revista de Tradução Científica e Técnica, n.º 1. [en liña], novembro de 2004. Dispoñible en http://www.confluencias.net/n1/ruibal.html

  • Hermida Ruibal, Ana. «Estudios de traducción e interpretación en las universidades españolas y portuguesas: El Cuaderno de Bitácora». En Muñoz Martín, Ricardo, ed. 2003. I AIETI. Actas del I Congreso Internacional de la Asociación Ibérica de Estudios de Traducción e Interpretación. Granada, 12-14 de febreiro de 2003. Granada: AIETI, ISBN 84-933360-0-9.

  • Hermida, Ana. «Lugares en donde estudiar traducción e interpretación en España y Portugal», La linterna del traductor, nº 2 [en liña], xullo de 2002, pp. 44-51. Dispoñible en http://traduccion.rediris.es/cdb/traduweb.htm

COÑECEMENTOS INFORMÁTICOS

  • Bos coñecementos de MS-DOS, Windows (3.xx/95/98/NT/2000/XP), OS/2, Word 6.0, 7.0, 8.0, 2000 e XP, WordPerfect e programas de comunicacións e deseño de páxinas web.

  • Coñecementos medios das memorias de tradución WordFast e TRANSIT 3.0 Satellite PE.

  • Coñecementos básicos de memorias de tradución (Déjà Vu e Translator’s Workbench de TRADOS) e de programas de xestión terminolóxica (MultiTerm de TRADOS).

OUTROS MÉRITOS

  • Desde xaneiro de 2004: Membro da Comisión de Redacción da Revista de Tradução Científica e Técnica Confluências.
  • Desde o 27 de maio de 2002: Administradora, fundadora e moderadora da rolda TRADGAL, dedicada á tradución do/ó galego.
  • Desde o 29 de setembro de 1999: Administradora da rolda IBÉRICA, dedicada á tradución entre as linguas española e portuguesa.
  • Desde maio de 1993 ata setembro de 2001: Moderadora da rolda LINGUAS, dedicada ás linguas ibéricas e pertencente á rede de correo electrónico MagicNet.
  • Desde 1993 ata setembro de 2001: Tradutora Oficial (Translation Team Spain) da rede internacional de raíces ibéricas de correo electrónico MagicNet de tódolos seus documentos (regulamentos da rede e normas de tódalas áreas de mensaxes) do portugués ó español e galego.

[Index] [Falando de min] [Currículo] [Tradución] [Galicia] [España] [Portugal]
[
Postais/Cards] [Música] [Viaxar] [Humor] [Varios] [ ]

Última actualización: 6-12-2006
1